viernes, 22 de mayo de 2020

A CORRESPONSABILIDADE NO FOGAR.


Coa axuda da profe Sara e moi relacionado coa entrada anterior, na video chamada semanal que temos os nenos e as nenas de 3º de primaria, decidimos crear entre todos un relato coa temática a corresponsabilidade no fogar, xa que somos moi conscientes de que tanto os homes, as mulleres, os  nenos e as nenas, temos que colaborar nas labores domésticas.

Érase unha vez un malvado que ensuciaba todo o fogar e unha súper heroína non podía con el. O malvado mandaba ás mulleres limpar e aos homes non.
Ela pensaba que era moi machista pola súa parte e entón chamou aos seus compañeiros e compañeiras para que a axudaran pero o malvado trouxo ao seus amigos de trasnadas.  
Todos xuntos ían reunirse pero os amigos do malvado non apareceron así que o malvado tivo que loitar contra elas so.
Como crían que eran poucas chamaron tamén ás súas mestras e mestres.
Retáronse a un torneo de limpeza e despois de varias probas, as súper heroínas gañaron xa que os malvados non querían e non sabían limpar nada. 
De súpeto apareceu un boneco chamado Orejotas que propúxolles un trato que consistía en facer quendas de limpeza.
Todos tiñan que realizalas e cando remataban, podían ir xogar e tomar xeados.
As quendas as repartiron equitativamente. Traballaban por parellas e cada parella estaba formada por un malvado e un bo.
Ditas tarefas consistían en limpar as fiestras, as escaleiras, os baños, o mobiliario, facer as camas, limpar o po, lavar a louza, tender a roupa, recoller os xoguetes, regar as plantas, etc.
Para facelo máis ameno e divertido, decidiron que con cada tarefa realizada gañarían puntos conseguindo así un premio final entre o que podían elixir: viaxe con destino a concretar, fonte de chocolate…
Con todo isto, déronse conta de que canto máis traballaran entre todos, gañarían moitos puntos para poder canxealos por premios conxuntos.
E así foi como os malvados deixaron de facer o vago e comprenderon que todos tiñan que axudar nas tarefas domésticas.


Aldara  animouse a ilustrar o noso conto. 


Autor@s: nen@s de 3º de primaria do CPR San José.




No hay comentarios:

Publicar un comentario