miércoles, 8 de diciembre de 2021

O noso planeta


En sociais traballamos sobre a Terra, xa que nos intrigaba moito saber que ocorre na Palma.


Aprendemos como é por dentro, para iso fixemos unha maqueta con diferentes capas de plastilina e unha vez terminada cortámola e puidemos observar o núcleo, o manto e a corteza.



Tamén creamos un volcán para comprobar que é o que está a pasar na Palma e logramos que entrase en erupción.



Fixemos unha destreza de pensamento cun compara e contrasta sobre o movemento de rotación e translación.


A actividades mais sabrosa de todo o proxecto foi para traballar sobre a Lúa xa que é un satélite natural da Terra e sorprendeunos moito saber que a Lúa é mentireira, xa que cando crece ten forma de D e cando mingua ten forma de C.


Finalmente situamos o noso planeta no Sistema Solar. Cos chromebook navegamos pola páxina da NASA e descubrimos unha chea de curiosidades sobre os planetas que viran ao rededor do sol. traballamos usando técnicas de traballo cooperativo en grupos de expertos. Cada grupo especializouse nun planeta e despois explicáballes ao resto dos compañeiros as súas conclusións. Co traballo de investigación creamos un mural.





No hay comentarios:

Publicar un comentario