martes, 27 de noviembre de 2018

LINGUA GALEGA


Durante este primeiro trimestre, os de 3º de E.P. levamos a cabo diversas actividades para mellorar o vocabulario, a ortografía, a comprensión...da nosa lingua.

Por exemplo creamos historias en pequenos grupos ou en gran grupo cuns dados máxicos e con cartas  de imaxes que sacamos no momento.

Tamén realizamos unha actividade que consistiu en comparar palabras que se escriben case igual ou igual nos dous idiomas oficiais da nosa comunidade e tamén todo o contrario, buscar palabras que non se parecen en nada.

A raíz de aí, levamos a cabo a estructura cooperativa 1-2-4. Consiste en facer primeiro a actividade individualmente. Neste caso tiñamos que ser capaces de traducir algunhas das palabras vistas en días anteriores.



 Logo tivemos que poñelo en común co compañeiro/a que estaba máis preto.




 E por último comparar en gran grupo e elixir as traducións correctas.



Outra actividade que facemos case dende o comezo do curso é a lectura individual dun libro que puidemos elixir cada un de nós. 
Cada xoves dedicamos a clase a ler un capítulo ou dous dos nosos libros e unha vez rematados, facemos o resumo do lido. 
A verdade que isto de facer resumos estanos a costar un pouquiño pero pronto seremos uns expertos na materia!


Ademáis, como broche final da actividade, realizaremos a penúltima semana do mes de decembro, as exposicións dos libros para que así, se calquera dos compañeiros parécelle interesante o noso libro, poda lelo máis adiante.