jueves, 25 de marzo de 2021

Semana da poesía.

Coincidindo coa Semana da Poesía, os alumnos e alumnas de 2º e 3º de primaria participamos na actividade organizada polo concello "Sementeira de versos".
Fai uns días, creamos unhas flores moi fermosas as que enchemos de versos da nosa escritora mais ilustre Rosalía de Castro e hoxe nos desplazamos ata o Paseo marítimo da vila, que leva o seu nome, para sementalos e que todos os nosos veciños e vecinas poidan gozar coa súa lectura.





                                         



















 

jueves, 11 de marzo de 2021

Os invertebrados

Os rapaces e rapazas de 3º estivemos a traballar sobre os invertebrados. Aprendemos que tipos hai e cales son as principais características de cada grupo. Para poñer en práctica o aprendido cada un de nos, fixo unha maqueta dun invertebrado empregando diverso material. 

Debido a situación que vivimos, non o fixemos en equipo e tampouco o trouxemos a clase, pero mediante unha foto proxectada na pizarra dixital, amosámoslles os nosos traballos aos demais compañeiros e compañeiras e explicámoslles as características principais, por exemplo de que se alimentan ou onde os podemos atopar entre moitas outras cousas.

Tamén descubrimos que o cabaliño de mar non é un animal invertebrado e nos críamos que si!!, pero cal foi a nosa sorpresa.... é un vertebrado do grupo dos peixes.

Esta actividade gustounos moito, pois encantounos o resultado dos nosos traballos. Veredes que fermosos quedaron!! 




















Estade atentos!, pois xa está próxima a publicación do novo traballo que estamos realizando en sociais. Unha pista, fixémonos expertos en lugares moi fermosos do noso pais.