Os rapaces e rapazas de 3º estivemos a traballar sobre os invertebrados. Aprendemos que tipos hai e cales son as principais características de cada grupo. Para poñer en práctica o aprendido cada un de nos, fixo unha maqueta dun invertebrado empregando diverso material.
Debido a situación que vivimos, non o fixemos en equipo e tampouco o trouxemos a clase, pero mediante unha foto proxectada na pizarra dixital, amosámoslles os nosos traballos aos demais compañeiros e compañeiras e explicámoslles as características principais, por exemplo de que se alimentan ou onde os podemos atopar entre moitas outras cousas.
Tamén descubrimos que o cabaliño de mar non é un animal invertebrado e nos críamos que si!!, pero cal foi a nosa sorpresa.... é un vertebrado do grupo dos peixes.
Esta actividade gustounos moito, pois encantounos o resultado dos nosos traballos. Veredes que fermosos quedaron!!
Estade atentos!, pois xa está próxima a publicación do novo traballo que estamos realizando en sociais. Unha pista, fixémonos expertos en lugares moi fermosos do noso pais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario