miércoles, 27 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS


A través da materia de lingua galega, os nenos e as nenas quixeron facer a súa pequena homenaxe ás nosas Letras Galegas.

Houbo adiviñas, poesía, cantos, bailes... 

Mirade que ben o fixeron!



PARABÉNS!!!

viernes, 22 de mayo de 2020

A CORRESPONSABILIDADE NO FOGAR.


Coa axuda da profe Sara e moi relacionado coa entrada anterior, na video chamada semanal que temos os nenos e as nenas de 3º de primaria, decidimos crear entre todos un relato coa temática a corresponsabilidade no fogar, xa que somos moi conscientes de que tanto os homes, as mulleres, os  nenos e as nenas, temos que colaborar nas labores domésticas.

Érase unha vez un malvado que ensuciaba todo o fogar e unha súper heroína non podía con el. O malvado mandaba ás mulleres limpar e aos homes non.
Ela pensaba que era moi machista pola súa parte e entón chamou aos seus compañeiros e compañeiras para que a axudaran pero o malvado trouxo ao seus amigos de trasnadas.  
Todos xuntos ían reunirse pero os amigos do malvado non apareceron así que o malvado tivo que loitar contra elas so.
Como crían que eran poucas chamaron tamén ás súas mestras e mestres.
Retáronse a un torneo de limpeza e despois de varias probas, as súper heroínas gañaron xa que os malvados non querían e non sabían limpar nada. 
De súpeto apareceu un boneco chamado Orejotas que propúxolles un trato que consistía en facer quendas de limpeza.
Todos tiñan que realizalas e cando remataban, podían ir xogar e tomar xeados.
As quendas as repartiron equitativamente. Traballaban por parellas e cada parella estaba formada por un malvado e un bo.
Ditas tarefas consistían en limpar as fiestras, as escaleiras, os baños, o mobiliario, facer as camas, limpar o po, lavar a louza, tender a roupa, recoller os xoguetes, regar as plantas, etc.
Para facelo máis ameno e divertido, decidiron que con cada tarefa realizada gañarían puntos conseguindo así un premio final entre o que podían elixir: viaxe con destino a concretar, fonte de chocolate…
Con todo isto, déronse conta de que canto máis traballaran entre todos, gañarían moitos puntos para poder canxealos por premios conxuntos.
E así foi como os malvados deixaron de facer o vago e comprenderon que todos tiñan que axudar nas tarefas domésticas.


Aldara  animouse a ilustrar o noso conto. 


Autor@s: nen@s de 3º de primaria do CPR San José.




sábado, 16 de mayo de 2020

AXUDANDO NA CASA


Fai dúas semanas, os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria, tiveron que superar un novo reto proposto dende a materia de lingua galega.
Consistía en mandar un vídeo ou unha foto realizando as tarefas do fogar.

Poñendo a mesa











Poñendo a lavadora



Aquí tedes o vídeo de Cayetana, Martín, Sheila e Elba.



miércoles, 13 de mayo de 2020

Studying the parts of the body

Estas semanas, desde la materia de Inglés, los alumnos de 3º EP estamos repasando el vocabulario relacionado con las partes del cuerpo humano.

Para ello, la profesora nos pidió que elaborásemos un collage o un dibujo que representase ese vocabulario. Pudimos utilizar diferentes materiales que teníamos por casa: macarrones y espaguetis, lana, pajitas, tela, papel... Pusimos a trabajar nuestra creatividad al mismo tiempo que repasábamos la escritura de un montón de palabras.

¡Mirad qué bonitos quedaron nuestros trabajos!
Have a look at our lovely crafts!






martes, 12 de mayo de 2020

Poñendo en marcha a nosa creatividade!





Mirade que creativos foron os rapaces e rapazas de 3º. As profes de lingua e matemáticas propuxéronlles unha actividade que consistía en buscar obxetos con forma de corpo xeométrico pola casa e con eles crear un robot. Despois tiveron que describilos e asignarlle un superpoder. O resultado salta á vista. Crearon autómatas chulísimos!





Raioman foi o robot creado por Alberto, o seu superpoder é crear raios.

Carolina chámalle Pakete e ten tódolos superpoderes que desexes.

Lucas construíu o robot Tenreiro; tira raios laser polos ollos.

O de Martín é moi sabroso xa que empregou unha morea de botes de especias.



O robot de Sabela Chámase anticovid-19, o seu super poder é que non contaxia á xente. Nos tempos que vivimos sería moi útil.
Sheila creou a Robochef, fai a comida en 2 segundos e moi rica!
E Elba empregou una pirámide como as de Exipto para crear o seu robot. O seu superpoder é reformar ou arranxar cousas.





Clara chámalle ao seu robot Gustavo e conta que o super poder que ten é xogar ao fútbol moi ben.

Lore alcumouno co nome de Robocop e pode conducir electricidades para andar.

Carmen chámalle Matecarmen, utilizou material como: cartolina, tesoiras, pegamento e un rotulador.



Iker chámalle coma el. Ten dous superpoderes: voar e super forza.

Ainhoa empregou material dun xogo de construción.

O robot de Alba (XX Alba) ten un poder moi especial, é capaz de sentir o que ela sinte e dalle apertas cando está triste.



Mara deulle o nome de Ixepalla, e pintouno para que quedase máis bonito.

Caye empregou un montón de material: froita, caixas, botellas, pastillas de lavalouzas... O seu superpoder é facernos rir. 

Adrián creou a Robotonic. Voa a moita velocidade xa que as burbullas da tónica danlle moita enerxía para despegar. 


Aldara fixo a dona Multiusos e o seu poder é realmente útil para a escola. Ti pregúntaslle onde se atopa un país e dache a hora e moita máis información sobre o lugar.

Fran empregou cilindros, esferas e ortoedros.

E Adelaida fíxolle unhas pernas moi altas e uns brazos con vasos.


Mirade que simpático e o de Lola, empregou  un cartón de leite, caixa de galletas e lle puxo uns ollos ben bonitos.

domingo, 10 de mayo de 2020

¡¡FELICIDADES IKER!!

Otro compañero cumple años en 3º de primaria, hoy es Iker el que sopla su vela con el número 9. Todos tus compañer@s y profesoras te deseamos que pases un gran día y que lo celebres lo mejor posible, te mandamos un gran abrazo virtual.  



                                🎉Felicidades Iker🎉    

miércoles, 6 de mayo de 2020

Singing Hakuna Matata


En la materia de Inglés, los niños y niñas de 3º EP estamos aprendiendo canciones divertidas. Algunas están relacionadas con el vocabulario que vamos adquiriendo poco a poco y otras transmiten mensajes positivos e interesantes. Un ejemplo es Hakuna Matata, de la banda sonora de la película El Rey León. En este caso, la enseñanza que nos transmite esta canción es "vive y sé feliz". Y es que, en una situación como la que estamos viviendo actualmente, es importante ser positivos e intentar olvidarnos un poquito de los problemas.




Nuestra compañera Elba se animó a cantar la canción en este vídeo para animarnos a todos. ¡Mirad qué bien la interpreta!





Y recordad:

Hakuna matata! What a wonderful phrase!
Hakuna matata! It ain't no passing craze!
It means no worries for the rest of your days
It's our problem-free philosophy
Hakuna matata!




lunes, 4 de mayo de 2020

PASAPALABRA

A semana pasada, en lingua tivemos que superar un novo reto. Esta vez consistía en crear o xogo Pasapalabra.

Primero eliximos as palabras no vocabulario do noso caderno.

Logo pensamos nas definicións de cada unha desas palabras e as escribimos.






Máis tarde, recolectamos material que tiñamos por casa para crear o rosco.

Mirade que chulos quedaron!!










Incluso temos algún vídeo para que vexades como están a xogar coa familia.




Moi bo traballo rapazas e rapaces!!