Durante o pasado trimestre traballamos os animais, vertebrados e invertebrados.
Como produto final fixeron estas marabillosas maquetas con materiais de refugallo, xunto cunha exposición sobre o animal escollido.
Este foi o resultado:
Durante o pasado trimestre traballamos os animais, vertebrados e invertebrados.
Como produto final fixeron estas marabillosas maquetas con materiais de refugallo, xunto cunha exposición sobre o animal escollido.
Este foi o resultado:
Como tódolos venres, recibimos correo de Hogwarts.
Nesta misión as casas deberán descifrar cada unha das probas que nos chegaron dentro do sobre. Probas relacionadas con todo o que vimos esta semana na materia de lingua castelá.
Para algunha proba tivemos que traballar en equipo e para outras individualmente.
Coma sempre fixérono de marabilla e temos a nosa nova reliquia 👏🏼
Hai un par de semanas fixemos unha actividade para unir ao grupo: "Bingo de amigos".
Esta actividade consiste en repartir entre os alumnos diferentes cartóns de bingo con multitude de preguntas sobre temas relacionados cos seus gustos e afeccións.
Para esta actividade utilizamos a dinámica "Taxi libre", que consiste en pasear pola aula coa man levantada (indicando que o taxi está libre), cando coinciden dous taxis gratuítos, pregúntanse algo sobre a súa tarxeta de bingo, Se a resposta é "SI" asinan ese recadro, se a resposta é "NON", deberán buscar outro compañeiro ata completar a ficha e poder gritar: "BINGO"