Este trimestre viaxamos, investigamos e descubrimos un pouco máis o noso sistema solar.
Partimos dos coñecementos previos do alumnado a través dunha chuvia de ideas, e pouco a pouco fomos afondando no noso sistema solar, coñecendo cada un dos planetas que o compoñen, especialmente o noso, a Terra, os seus movementos, o seu satélite as súas capas.. .
Como en calquera proxecto empregamos algunha destreza de pensamento que nos axude a asegurar a nosa aprendizaxe, neste caso un compara e contrasta sobre os movementos que fai a Terra.
Eses mesmos equipos remataron a súa investigación sobre o sistema solar creando a suma propia maqueta do sistema solar, e como sempre, foron MARAVILLOSAS.
Para rematar o proxecto, na materia de Arts & Crafts volveron ser creativos. As últimas semanas estiveron traballando as texturas con papel e cartón, deseñando e creando os seus planetas imaxinarios.
Primeiro cortaron pequenos anacos de papel e cartolina de cores, e despois pegáronos con coidado na plantilla do noso planeta. Uns decidiron facer pequenas bólas, outros diferentes formas xeométricas, como cadrados, círculos ou tiras finitas. O importante era crear a sensación de textura, xa que, como sabedes, os planetas caracterízanse polas súas diversas superficies, cheas de cráteres, rochas ou gas. Tamén puideron darlle cor ás nosas creacións, que resultaron tan boas como podedes ver nas imaxes.
Para rematar a tarefa, fixeron un mural moi chulo, no que pegar os seus planetas, con nomes incluídos, e engadimos algúns detalles espaciais para crear a galaxia de 3º EP.
3º XA ESTA LISTO PARA UN NOVO PROXECTO!!!