martes, 12 de mayo de 2020

Poñendo en marcha a nosa creatividade!





Mirade que creativos foron os rapaces e rapazas de 3º. As profes de lingua e matemáticas propuxéronlles unha actividade que consistía en buscar obxetos con forma de corpo xeométrico pola casa e con eles crear un robot. Despois tiveron que describilos e asignarlle un superpoder. O resultado salta á vista. Crearon autómatas chulísimos!





Raioman foi o robot creado por Alberto, o seu superpoder é crear raios.

Carolina chámalle Pakete e ten tódolos superpoderes que desexes.

Lucas construíu o robot Tenreiro; tira raios laser polos ollos.

O de Martín é moi sabroso xa que empregou unha morea de botes de especias.



O robot de Sabela Chámase anticovid-19, o seu super poder é que non contaxia á xente. Nos tempos que vivimos sería moi útil.
Sheila creou a Robochef, fai a comida en 2 segundos e moi rica!
E Elba empregou una pirámide como as de Exipto para crear o seu robot. O seu superpoder é reformar ou arranxar cousas.





Clara chámalle ao seu robot Gustavo e conta que o super poder que ten é xogar ao fútbol moi ben.

Lore alcumouno co nome de Robocop e pode conducir electricidades para andar.

Carmen chámalle Matecarmen, utilizou material como: cartolina, tesoiras, pegamento e un rotulador.



Iker chámalle coma el. Ten dous superpoderes: voar e super forza.

Ainhoa empregou material dun xogo de construción.

O robot de Alba (XX Alba) ten un poder moi especial, é capaz de sentir o que ela sinte e dalle apertas cando está triste.



Mara deulle o nome de Ixepalla, e pintouno para que quedase máis bonito.

Caye empregou un montón de material: froita, caixas, botellas, pastillas de lavalouzas... O seu superpoder é facernos rir. 

Adrián creou a Robotonic. Voa a moita velocidade xa que as burbullas da tónica danlle moita enerxía para despegar. 


Aldara fixo a dona Multiusos e o seu poder é realmente útil para a escola. Ti pregúntaslle onde se atopa un país e dache a hora e moita máis información sobre o lugar.

Fran empregou cilindros, esferas e ortoedros.

E Adelaida fíxolle unhas pernas moi altas e uns brazos con vasos.


Mirade que simpático e o de Lola, empregou  un cartón de leite, caixa de galletas e lle puxo uns ollos ben bonitos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario