miércoles, 3 de mayo de 2023

Angunizámonos

 Nestes días estamos traballando os ángulos de moitas formas diferentes:   

Buscamos ángulos ao noso redor.














Aprendemos a través dun rap os distintos tipos de ángulos que hai.


E para rematar buscaremos ángulos nos nosos nomes, cada alumno escribe o seu nome en maiúsculas e descobre todos os ángulos que hai nel.



Xa son uns expertos en ángulos!

👏👏👏👏👏👏

sábado, 18 de febrero de 2023

Maquetas dos animais

Durante o pasado trimestre traballamos os animais, vertebrados e invertebrados. 

Como produto final fixeron estas marabillosas maquetas con materiais de refugallo, xunto cunha exposición sobre o animal escollido.

Este foi o resultado:






Parabéns, sodes uns artistas!
👏🏼👏🏼👏🏼


jueves, 2 de febrero de 2023

Misión Harry Potter

 

Como tódolos venres, recibimos correo de Hogwarts.

Nesta misión as casas deberán descifrar cada unha das probas que nos chegaron dentro do sobre. Probas relacionadas con todo o que vimos esta semana na materia de lingua castelá. 

Para algunha proba tivemos que traballar en equipo e para outras individualmente.














Coma sempre fixérono de marabilla e temos a nosa nova reliquia 👏🏼


Dinámica "TAXI LIBRE" 🚖

Hai un par de semanas fixemos unha actividade para unir ao grupo: "Bingo de amigos".

Esta actividade consiste en repartir entre os alumnos diferentes cartóns de bingo con multitude de preguntas sobre temas relacionados cos seus gustos e afeccións.

Para esta actividade utilizamos a dinámica "Taxi libre", que consiste en pasear pola aula coa man levantada (indicando que o taxi está libre), cando coinciden dous taxis gratuítos, pregúntanse algo sobre a súa tarxeta de bingo, Se a resposta é "SI" asinan ese recadro, se a resposta é "NON", deberán buscar outro compañeiro ata completar a ficha e poder gritar: "BINGO"














Pasámolo moi ben, xa temos ganas de repetir!