Agora que investigamos as preguntas iniciais que nos facíamos e que apareceron moitas mais, é o momento de investigar a fondo e aprender moito sobre como funciona o noso planeta, onde está, que partes ten e por que ocorren moitas das cousas que vemos no noso día a día.
Imos aló!
Paso 1: Que facemos agora?
Dependendo da tarefa do equipo, deberedes investigar e crear un mapa mental que explique a vosa pregunta:
- Que hai dentro da Terra?
- Que é un volcán?
- Onde atopamos a auga na Terra e como está?
- Onde está a Terra no espazo?
- Por que chove?
- Como e que o aire non se escapa ao espazo?
- Que son os terremotos?
Paso 2: Investigamos mais a fondo
Facede click na vosa pregunta e non vos esquezades de que todo esta relacionado así que é posible que atopedes información moi interesante nas preguntas e enlaces dos vosos compañeiros/as ;)- Que hai dentro da Terra?
- Que é un volcán?
- Qué é un volcán? Características e tipos.
- Onde atopamos a auga na Terra e como está?
- Onde está a Terra no espazo?
- Por que chove?
- Como e que o aire non se escapa ao espazo?
- Aire nas capas da atmosfera
- Que son os terremotos?
- Geoenciclopedia
A avaliación de esta investigación se fará seguindo a rúbrica que tedes en cada equipo.
Paso 3: facemos o mapa mental e preparamos a presentación ós nosos compañeiros.
Agora é o momento de comezar os mapas mentais e de pensar en cómo imos a expoñer o que atopamos aos nosos compañeiros!Bo traballo :)
No hay comentarios:
Publicar un comentario