viernes, 29 de noviembre de 2019

OS ESTADOS DA AUGA

O longo da semana traballamos sobre a auga. Ahora xa sabemos que é doce ou salgada e atópase en tres formas ou estados: sólida, líquida e gasosa.





Tamén aprendemos que a auga pasa dun estado a outro ao quentarse ou ao arrefriar e despois dun previo traballo na aula fixemos una serie de experimentos para poñelo en práctica.



O primeiro que fixemos, foi poñer auga a quentar nunha pota e como non apreciábamos moi ben o paso de auga líquida a vapor tivemos que empregar una tapa para concentralo.




Cando sacabamos a tapa saía todo o vapor xunto, despois o arrefriar a auga voltaba ser líquida xa que se condensaba moi rápido.






Por último puxemos un pouco de xeo nun plato e o longo da maña desfíxose pola calor, agora o temos a carón da xanela  para comprobar se o luns evaporouse ou pola contra aínda está alí.


No hay comentarios:

Publicar un comentario