sábado, 25 de enero de 2020

Merca no comercio local


Fai unhas semanas puxemos fin ao proxecto interdisciplinar "Imos ao mercado!" realizado cos alumnos de 3º e 4º de primaria, cunha saída onde coñecemos que produtos se venden e como chega o xénero ata as tendas do noso pobo.


Os nenos levaban todo preparado para realizar unha pequena compra, diñeiro e bolsas Baleiras, que encheron de carne, froita, legumes, embutido, pan, flores, etc. Administraron moi ben os cartos. 






Temos que agradecer a amabilidade do comercio local xa que nos atenderon e responderon as nosas preguntas de moi boa gana. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario