Ao longo deste trimestre estivemos a traballar os animais invertebrados e cada un dos nosos equipos cooperativos encargouse de dar vida a un deles.
O primeiro paso foi poñernos de acordo en que material iamos necesitar e quen se encargaba de traelo, ao día seguinte puxémonos ao choio e entre todos creamos unhas maquetas moi orixinais.
O equipo dous encargouse dos vermes, os cales modelaron con arxila.
O equipo seis creou un bonito ecosistema mariño onde o principal protagonista era a esponxa.
O cinco traballou sobre os moluscos máis concretamente sobre o polbo empregando un globo e la para facer os tentáculos.
A maqueta do equipo catro é un equinodermo, unha estrela de mar creada con plastilina.
O equipo un fijo unha medusa empregando algodón, cordóns e paus.
O tres foi o encargado do grupo máis numeroso, os artrópodos. Máis concretamente decidiron facer unha araña con bólas de poliespan e limpa pipas.
Para finalizar tivemos que achegar ás nosas maquetas unha breve ficha de información sobre o invertebrado traballado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario