martes, 28 de abril de 2020

Grazas!


En ciencias sociais continuamos traballando o concello e máis concretamente esta semana falamos dos servizos municipais, que permiten atender as necesidades que temos os habitantes dunha localidade.


Polo que se nos ocorreu facer unha pequena homenaxe a todos os traballadores do concello que estes días axúdannos desinfectando as nosas rúas para que non se siga propagando o bicho, repartindo cubrebocas, acheganos as tarefas do cole, celebran os novos aniversarios facendo soar as sirenas e as oito todalas noites fan que lembremos a todos os sanitarios que velan por nós.

Para facerlles chegar o noso agradecemento realizamos con moito agarimo uns debuxos, que pronto intentaremos que cheguen aos seus destinatarios. 








































Grazas pola vosa axuda e entrega! Desexamos que vos gusten moito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario