En 3º non paramos de traballar, e esta semana en ciencias a dedicamos a importancia dunha boa alimentación, para medrar sans e fortes, ademais sabemos que temos que combinar con exercicio, descanso, boas posturas e hixiene para que o noso corpo funcione á perfección.
A tarefa consistía en elaborar unha merenda saudable, a base de froitas. Os nenos deixaron voar a súa imaxinación e elaboraron pratos super creativos e fresquiños que para estes días de calor, veñen moi ben. Fixeron espetadas, batidos e composicións varias.
Mirade que pintaza teñen os pratos. Bo traballo mini chefs!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario