Durante esta semana aprendemos moitas cousas sobre a Lúa. Por exemplo que é 4 veces máis pequena que a Terra🌍 ou que se viaxaramos ata alí, nun cohete espacial 🚀, tardaríamos 3 días enteros en chegar, xa que está a millón de quilómetros do noso planeta.
Tamén traballamos as diferentes formas que amosa ao longo do mes. Empregamos galletas 🍪 para facer unha maqueta que representase as fases da Lúa 🌑🌓🌕🌗. O resultado podédelo ver na foto. Dun en un e sen tocar, puidemos comprobar que estivese todo correcto.
Tivemos moita pena 😢 por non comer un anaco da Lúa, pero é que este ano non podemos compartir os uns cos outros.
Lembrade!, a Lúa e mentireira xa que cando Crece ten forma da letra D 🌓 e cando Mingua ten forma da letra C 🌗
No hay comentarios:
Publicar un comentario