jueves, 22 de abril de 2021

Os guías turísticos de 3º


O trimestre pasado estivemos a traballar a paisaxe e aprendemos unha chea de cousas. Por exemplo para ver en que se parecen e en que se diferencian as paisaxes de costa e de interior fixemos un compara e contrasta. Tamén aprendemos que poden ser naturais ou humanizadas xa que os humanos modificámolas, que as construcións son boas, sempre que cumpramos as leis, que a contaminación afecta moito ás paisaxes e que para protexer zonas únicas e singulares pola flora e fauna que albergan, créanse zonas protexidas para que non se acaben por destruír ou mesmo extinguir.

Por todo isto fixémonos expertos nun Parque Nacional de España e despois contámoslles aos nosos compañeiros porqué recibiu esta catalogación. Ademais mostrámoslles moitas fotos empregando o jamboard ou murales para que así coñeceran estas zonas tan fermosas!! Cando nos deixen viaxar fora da nosa comunidade intentaremos comprobar a beleza que teñen en directo, polo momento conformámonos con gozar do Parque Nacional das Illas Atlánticas que xa todos coñecemos moi ben.



Ainé e David Arquipélago de Cabrera


Lara e Carmen Cabañeros


Roberto e Flavia Doñana


Sergio e Diego Quintanilla Monfragüe


Juan e Manu Soto Ordesa e Monte perdido


Xabier e Vida Picos de Europa


Manu Rodriguez e Miguel Aigüestortes i Estany de Sant Maurici


Aless e Adair Serra de Guadarrama


Beltrán e Dani Serra Nevada


Daniella Garajona  e Carlota Caldera de Taburiente


Leire e Edward Timanfaya


Diego López e Hugo Tablas de Daimiel e Brais Teide

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario