domingo, 20 de junio de 2021

O paso do tempo

 Na materia de ciencias sociais traballamos o paso do tempo.

Para iso creamos unha liña do tempo persoal, na que mediante fotos puidemos ver como cambiamos ao longo destes 9 anos que xa case todos temos. Logo mostrámoslles aos compañeiros os nosos murais e explicámoslles cales foron os logros máis importantes que fomos alcanzando ao longo da nosa vida.







Tamén investigamos por equipos as diferentes etapas da prehistoria e historia. Con axuda dos cromebook, especializámonos nunha etapa, logo plasmamos o aprendido nun jamboard e por último mostrámoslles aos demais cales foron os acontecementos importante que ocorreron en cada unha delas.










No hay comentarios:

Publicar un comentario