Ao longo desta semana, traballamos dunha maneira moi interdisciplinar a festa do Samaín.
En lingua leimos un conto titulado O Samaín, no que coñecemos a Fermín e a Casilda e movemos o corpo o ritmo de Paco Nogueiras. En lingua castelá, creamos terroríficas historias de medo e en arts and crafts decoramos mounstrosas cabazas. Mirade que composición fixemos con todo o noso traballo.
Tamén en inglés, aprendemos vocabulario típico de halloween.
Para finalizar a semana, participamos no magosto, pero con "un pouco de medo" xa que con Fermín aprendemos que comendo máis dunha ducia de castañas ocorrían cousas máxicas e o noso pelo remataría de cor verde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario