jueves, 24 de febrero de 2022

Os invertebrados

 Para finalizar o tema dos invertebrados, fixemos unha actividade moi creativa.

Traballamos en parellas investigando un grupo de invertebrados, dentro da gran variedade que ten cada grupo, escollemos un animal en concreto e puxémonos mans a obra.

Coa información recopilada, creamos un jamboard e tamén fixemos unha maqueta para reproducir con exactitude cada unha das súas partes.

Finalmente mostrámoslles aos nosos compañeiros o produto final do noso traballo.


Teo e Clara fixeron un arácnido que pertence o grupo dos  artrópodos.


Ian e Ana traballaron sobre o calamar, un molusco.


Itzel e Alex crearon unha fermosa esponxa.


Marcos e Carol construíron un verme moi útil, serve de lapiseiro.


Mario e Martín fixeron unhas medusas moi realistas


Santiago e Diego foron os encargados dos equinodermos.


E así quedou o rincón dos invertebrados!

No hay comentarios:

Publicar un comentario