Os alumnos de 3º E. P. adicaron o segundo trimestre a un proxecto interdisciplinar titulado: "APRENDE A COIDAR-T". Traballaron sobre a alimentación, o descanso, os hábitos posturais...
Coa visita de Maite, que é nutricionista, chegaron á conclusión de que o noso calendario de merendas podía ser un pouco máis saudable do que xa era e decidiron propoñerlle a todo o colexio uno novo, e desde esta semana xa o estamos utilizando.
Como queren implicar a toda a comunidade educativa, para ser un centro supersaúdable, tiveron a idea de crear uns camiños seguros para chegar ao noso centro andando e así facer un pouco de exercicio cada día, para estar máis sans e fortes.
Dito e feito! todos estamos a colaborar para crear estes roteiros seguros. Desde onte verédesnos polas diferentes rúas do noso pobo medindo distancias, contando pasos, controlando tempos, calculando velocidades medias e anotando os posibles perigos que nos podemos atopar. Con estes datos elaboraremos un mapa onde recollamos toda esa información e sirva para todo aquel que queira mellorar a súa saúde.
Estas iniciativas non quedan aquí, xa que dende outros cursos xa están preparando novas actividades para contribuir o noso obxectivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario