domingo, 19 de noviembre de 2023

Visita o mercado da nosa vila.

Como parte do proxecto "Imos ao mercado!" que estamos a realizar cos nosos compañeiros de 4º, fomos visitar o mercado municipal de Pontedeume. 

Alí vimos que se vende en cada un dos postos, o prezo dos produtos, material que empregan para traballar... O noso obxectivo era observar e tomar ideas xa que o seguinte paso que daremos é montar en equipos cooperativos un mercado na nosa clase. 

Ademais puidemos levar unha pequena cantidade de diñeiro coa que compramos entre outras cousas pan, froita, embutido, carne, flores... con esta saída, fomos conscientes do custo dos produtos e tomamos decisións de en que gastar o noso diñeiro.
























No hay comentarios:

Publicar un comentario