miércoles, 6 de febrero de 2019

O noso novo proxecto: "Deporte e saúde"





Os cursos de 3º e 4º EP atopámonos inmersos no proxecto “Deporte e saúde”, que é, dalgún xeito, moi especial, posto que todos os centros de ” La Grande Obra” de Galicia o estamos traballando de maneira coordinada.
Comezamos coa imaxe dunha bicicleta feita, completamente, de alimentos e, a partir dela, puxemos en práctica a rutina de pensamento “Vexo, penso, pregúntome”. A continuación, desmenuzámola íntegramente, o que deu paso a unha gran choiva de ideas. 

Finalmente, chegamos á conclusión da importancia de levar unha vida equilibrada e saudable.  Baseándonos en todas as ideas que xurdiran na actividade anterior establecemos varias categorías: descanso, boa e mala alimentación, deporte, hábitos posturais e aseo e hixiene. 
Seguidamente, en equipos de traballo cooperativo, repartímonos  as distintas categorías desta  clasificación e comezamos a buscar información, facéndose cada grupo experto nun tema para poder expoñelo  ao resto dos compañeiros. Tamén elaboramos un mapa mental coas primeiras informacións que tivemos.
Por outro lado, descubrimos algunhas das obras de Arcimboldo, feitas todas con alimentos, recomendámosvos que, se non o coñecedes, miredes os seus traballos, posto que son ben curiosos e dignos dun artista. Chamounos tanto a atención a súa obra que decidimos improvisar nós tamén cos elementos que el traballaba e facer composiciós e, a verdade, e que non nos quedaron nada mal!
Seguimos á expectativa de como continuará o proxecto, xa que próximamente teremos a visita dunha experta nutricionista. Xa vos seguiremos contando como avanza, estade  moi atentos!



!





No hay comentarios:

Publicar un comentario