Hoxe visitounos a nutricionista Maite
Duarte, explicounos a pirámide alimenticia, agora sabemos que alimentos podemos
comer sin problema e aqueles outros que debemos consumir con moderación.
Tamén nos informou que nutrientes nos
aportan os alimentos: graxas, hidratos de carbono, vitaminas e minerais. A
continuación, elaboramos por equipos un
menú dun día saudable.
Díxonos que recordáramos que “somos o que comemos” e que o noso corpo ten memoria, de aí a importancia dunha correcta alimentación desde pequenos.
Dámoslle as gracias pola súa información e paciencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario