Como broche final ao noso proxecto intercentros “Deporte e
saúde” tivemos, o pasado venres 12 de abril, unha camiñata de convivencia todos
os centros de “La Grande Obra de Atocha”
de Galicia polas Fragas do Eume.
Dividímonos en catro grandes grupos mesturándonos alumnos e mestres dos
catro colexios participantes. As
actividades realizadas foron este gran roteiro no que protección civil
acompañounos asegurándose así da nosa seguridade e, tamén, visitamos unha
exposición e visionamos un vídeo informativo da fauna e flora do entorno no que
nos atopábamos. Todos pensamos e nos
concienciamos da importancia de coidalo, posto que é unha gran riqueza ter un
espacio tan fermoso preto de nós. Para rematar, os compoñentes dos catro centros
comimos xuntos no patio de noso colexio, foi unha oportunidade inigualable de
coñecer a compañeiros que traballan da mesma maneira e ó mesmo proxecto ca nós simultáneamente, e unha
gran alegría rematar todos coa mesma actividade. Sen dúbida, encantaríanos
repetir esta experiencia!
Non queremos esquecernos de recomendarvos que botedes unha ollada polos corredores do colexio, posto que elaboramos uns menús saudables para toda unha semana que, ademáis de ser exquisitos, están preparados para coidar a nosa máquina máis importante: o corpo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario