miércoles, 8 de junio de 2022

Mesturas

Para rematar o tema dos materiais e poñer en práctica o aprendido sobre mesturas homoxéneas e heteroxéneas, cada equipo cooperativo tivo que crear as súas co material que considerasen máis apropiado.
Por iso tivemos mesturas de todo tipo. Para obter unha mestura heteroxénea mesturamos auga con plastilina, cereais ou aceite en todas elas puidemos observar que os materiais se diferenciaban a simple vista.
Nas homoxéneas xa non puidemos diferenciar os materiais unha vez que os mesturamos, por exemplo, limón cun ovo ou auga con azucre, sal ou cacao.






 

No hay comentarios:

Publicar un comentario