miércoles, 8 de junio de 2022

O paso do tempo.

Estos días estivemos traballando o paso do tempo en parellas, de maneira que cada parella fíxose experta nunha etapa e posteriormente mostrámoslles aos nosos compañeiros todo o que aprendemos a través dun jamboard. 



As primeiras parellas nos falaron da prehistoria. Clara e Marcos, nos falaron do Paleolítico, comentáronnos que esta etapa comeza cando aparecen os primeiros humanos e Mario e Ían mostráronnos como cambiou a vida das persoas coa chegada do Neolítico. Aprendemos que pasaron de ser nómadas a sedentarios ou que neste último período xa empezaron a cultivar.


Con Teo e Carolina comezamos o percorrido pola historia, eles dixéronnos que a idade antiga comeza coa invención da escritura e que é a época de grandes civilizacións como a grega, a romana ou a exipcia. Diego e Martín faláronnos da idade media, eles caracterizáronse con roupas típicas da época e explicáronnos que era unha etapa de reis e cabaleiros. 



Ana e Itzel encargáronse de investigar a idade moderna, unha época na que houbo grandes progresos e que terminou coa revolución francesa. 
Por último Alejandro e Santiago que falaron da idade contemporánea vestido de astronauta xa que nesta época pisouse a lúa por primeira vez.










 







 

No hay comentarios:

Publicar un comentario